Frosthorn naceu hai anos como proxecto persoal por unha inquietude de facer Black Metal, á marxe do meu papel de baixista en Barbarian Prophecies.
Un ano despóis de escribir e compoñer uns cantos temas, contacto con M., vello amigo co que compartimos escenario co proxecto Trallazo, con J., por aquel entón baterista en Barbarian Prophecies, e con L., amiga de troulas, para que se encargasen da guitarra, batería e letras, respectivamente, ca idea de levar Frosthorn ó estudo de gravación. A parte vocal levaríaa eu tamén, pois procurar outra persona non era algo que me apetecese moito e para ser sinceiro, non era un aspecto do resultado que me preocupase o máis mínimo.
Non sería ata dous anos despóis cando gravamos unha primeira demo co preguiceiro nome de Promo 2008, con dous dos poucos temas que a banda tiña ensaiados dabondo, Mortuorum Black Metal e Immortal Pagan Rites. Ó ano seguinte, Frosthorn daría o seu único concerto nun festival de bandas amigas en Lugo, no antigo local de ensaio de varias agrupacións locais. Por falta de tempo e dedicación pola miña parte, o proxecto ficou en pausa indefinidamente.
Polo dagora ninguén sabe se erguerei algún día e gravarei o material que leva anos escribíndose de pouco en pouco.
R.